InicioSOCIEDADTraballadores de residencias públicas instan á Xunta a investigar as vacinacións de...

Traballadores de residencias públicas instan á Xunta a investigar as vacinacións de directivos

Publicada el


O comité intercentros do persoal laboral da Xunta censuraron que a Administración autonómica dea por boas as expliaciones dos directivos de grupos empresariais que recibiron a vacina contra a covid-19 en Galicia justificando que estaban en contacto directo con usuarios de residencias de maiores.

Uns feitos que os traballadores demandan que sexan investigados porque «non pode ser que unha persona, porque teña un cargo, poida saltarse todo o protocolo».

Así o manifestou o presidente do comité intercentros, Manuel Gallardo, en declaracións a Europa Press após presentar este mércores un escrito no que solicitan ao Valedor do Pobo que interceda para lograr que a conselleira de Política Social, Fabiola García, reciba aos traballadores das residencias de maiores que desde fai máis de medio ano demandan a revisión do seu convenio.

Para Gallardo, vacinacións como a da delegada de DomusVi, Josefina Fernández, ou outros cargos directivos de grupos empresariais que obtiveron a vacina «son a demostración palpable da incompentencia» da Consellería que dirixe Fabiola García.

«Estamos gobernados por unhas persoas moi incompetentes; e iso leva consigo que se salten os protocolos, as normas e a ética», incidiu para, a continuación, subliñar que «o máis triste» destes feitos é que a Xunta dea por boas as explicacións e non investigue se se produciu algunha irregularidade.

«Alguén se cre que ten contacto habitual e directo cos residentes a conselleira delegada dun monstro como é DomusVi? Quen llo cre? Ninguén», aseverou o presidente do comité, que incidiu en que a Xunta debe investigar estas vacinacións e levalas, mesmo, ante Fiscalía se fose necesario.

últimas noticias

La Xunta descarta por ahora una nueva Ley de Universidades y se adaptará a la LOSU a través de la ley de acompañamiento

La Xunta de Galicia descarta, por el momento, la conformación de una nueva Ley...

Rueda reivindica el papel del sector hotelero para consolidar Galicia como destino turístico «atractivo y de calidad»

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, ha reivindicado este miércoles el importante papel...

El decreto de prórroga automática de alquileres que se publicará el jueves afectará a más 111.000 contratos en Galicia

El decreto ley de la prórroga de automática de los contratos de alquiler, que...

Galicia, entre las CCAA que menos tardaron en pagar a sus proveedores en julio: 17,60 días

Galicia fue una de las comunidades autónomas que menos tardó en pagar a sus...

MÁS NOTICIAS

La Xunta descarta por ahora una nueva Ley de Universidades y se adaptará a la LOSU a través de la ley de acompañamiento

La Xunta de Galicia descarta, por el momento, la conformación de una nueva Ley...

El decreto de prórroga automática de alquileres que se publicará el jueves afectará a más 111.000 contratos en Galicia

El decreto ley de la prórroga de automática de los contratos de alquiler, que...

AMP-PSdeG exige a la Xunta más residencias públicas en la provincia de Lugo y cuestiona el reparto del plan autonómico

El PSdeG ha reclamado a la Xunta que revise el reparto territorial de su...