InicioCULTURA'O que arde', nomeada a catro Premios Goya, entre eles película e...

‘O que arde’, nomeada a catro Premios Goya, entre eles película e director, e Tosar opta a mellor actor

Publicada el

A longametraxe ‘O que arde’ foi nomeada a catro Premios Goya 2019, mentres que o intérprete lucense Luís Tosar competirá polo galardón de mellor actor protagonista por ‘Quien a hierro mata’.

En concreto, ‘O que arde’ está nomeada aos galardóns de mellor película, director (Oliver Laxe), actriz revelación (Benedicta Sánchez) e fotografía (Mauro Herce).

O pasado mes de maio, Oliver Laxe xa fixo historia ao converterse no primeiro cineasta español, xunto a Víctor Erice, en ser seleccionado en Cannes co seu tres primeiras obras e o único en ser premiado en todas as súas participacións.

No certame, ‘O que arde’ fíxose co Premio do Xurado da Sección Oficial ‘Un Certain Regard’ e o Premio á Mellor Creación Sonora da sección.

OUTROS NOMEAMENTOS GALEGOS

Pola súa banda ‘Quien a hierro mata’, película da produtora galega Vaca Films, conta con tres finalistas. Tosar como mellor actor, así como nas categorías de actor revelación (Enric Auquer) e mellor son.

Así mesmo, o actor vigués Santi Prego competirá a mellor actor revelación polo seu papel de Francisco Franco en ‘Mientras dure la guerra’, de Alejandro Amenabar.

Ademais, o lucense David Fidalgo Omil está nomeado a mellor curtametraxe de animación por ‘Homomaquia’, nunha denuncia aos malos tratos animais.

AS PELÍCULAS QUE OPTAN A MÁIS PREMIOS

‘Mientras dure la guerra’, de Alejandro Amenábar, é a película favorita da 34 edición dos Premios Goya cun total de 17 nomeamentos, seguida por ‘Dolor y gloria’, de Pedro Almodóvar, que conta con 16 candidaturas e ‘La trincheira infinita’, de Aitor Aguirre, Jon Garaño e Jose Mari Goneaga, con 15.

A entrega de premios da 34 edición dos Premios Goya terá lugar nunha gala que se celebrará o 25 de xaneiro en Málaga, e que contará de novo con Andreu Buenafuente e Silvia Abril como mestres de cerimonia.

Os actores Elena Anaya e Miguel Herrán foron os encargados de anunciar o nome dos aspirantes da edición de 2020 dos premios máis importantes do cinema español, nun acto no que estiveron acompañados polo presidente da Academia de Cinema, Mariano Barroso, e a notario Eva Sanz.

últimas noticias

Colectivos de memoria aplauden que el Gobierno apruebe el martes un reconocimiento a las víctimas del 10 de marzo del 72

Colectivos de memoria de Ferrol aplauden que el Consejo de Ministros tenga previsto aprobar...

Madonna responde al Celta y dice que guarda la camiseta: «¡Llevo a vuestro equipo en espíritu!»

Madonna ha respondido, 72 horas después, a la llamada del Real Club Celta de...

El autor palestino Basim Al-Khandaqji, elegido Escritor Galego Universal de 2026

La Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) ha acordado reconocer como...

Denuncian el borrado de una histórica pintada de las Mocidades Galeguistas en Celanova (Ourense) en un rodaje de Netflix

El Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova ha denunciado públicamente que, durante...

MÁS NOTICIAS