InicioSOCIEDADUn total de 88 estudantes de Galicia compiten por ser o "mellor...

Un total de 88 estudantes de Galicia compiten por ser o «mellor empresario virtual de España»

Publicada el


Un total de 88 universitarios e estudantes de Grao Superior de Galicia compiten co obxectivo de conseguir o título de ‘mellor empresario virtual de España’. Os alumnos, pertencentes a cinco centros educativos da comunidade, participan na segunda edición do concurso nacional Bussines Talents para demostrar as súas habilidades empresariais.

Os alumnos galegos participan por equipos contra 658 universitarios e estudantes de Grao Superior de 60 centros educativos de toda España. Para conseguir unha praza na final nacional, que se celebrará no mes de abril, teñen que dirixir a súa propia empresa virtual pertencente ao sector de automoción, durante catro meses.

Os participantes deben xestionar unha compañía fabricante de coches co uso dun sofisticado simulador empresarial. O obxectivo para gañar é converter o seu modelo de negocio no máis próspero e con máis beneficios do mercado.

Os mellores 75 equipos chegarán a esa final nacional, que se celebrará en abril. Os gañadores repartiranse máis de 7.500 euros en premios e diplomas acreditativos.

INNOVADORAS FERRAMENTAS

Con este programa formativo, os estudantes adquiren experiencia mediante a práctica de maneira lúdica, con innovadoras ferramentas que emulan con precisión o que ocorre no mundo empresarial. «Ten como obxectivo axudar a promover a cultura emprendedora entre os máis novos, enriquecer o seu currículo, orientarlles cara ao seu futuro e ofrecer máis oportunidades para acceder ao mercado laboral», explica Mario Martínez, director de Business Talens, organizado por Herbalife Nutrition e Praxis MMT.

Nesta segunda edición, Galicia convértese na cuarta comunidade autónoma con máis representación, por detrás de Andalucía, con 125 alumnos, e da Comunidade de Madrid e Comunidade Valenciana, ambas as dúas con 113 estudantes.

As provincias galegas que contan con participación este ano son: Pontevedra, con 75 alumnos, e A Coruña, con 13 estudantes.

Durante a primeira edición, tres alumnos da Universidade e Vigo proclamáronse gañadores.

últimas noticias

Consello.-El 15% del presupuesto de las diputaciones se destinará a financiar obras y servicios de competencia municipal

El proyecto de la nueva ley de administración local de Galicia ha recibido este...

Pesca.- La Xunta pide al Gobierno actualizar los datos científicos de bacalao y gallineta tras los acuerdos de la NAFO

La Xunta ha reclamado al Gobierno central que actualice los datos científicos sobre talla,...

La Xunta y el Ayuntamiento de Oroso acuerdan ampliar la red de abastecimiento municipal

La Xunta y el Ayuntamiento de Oroso han acordado la ampliación de la red...

Consello.- La Xunta autoriza actuaciones y transferencias de vías en distintos municipios gallegos

El Consello de la Xunta ha autorizado la transferencia a beneficio del ayuntamiento de...

MÁS NOTICIAS

La Xunta y el Ayuntamiento de Oroso acuerdan ampliar la red de abastecimiento municipal

La Xunta y el Ayuntamiento de Oroso han acordado la ampliación de la red...

Consello.- La Xunta lanza el Portal de Acción Climática para avanzar en la activación del mercado de créditos de carbono

La Xunta de Galicia ha abierto este lunes el nuevo Portal de Acción Climática...

La USC y la federación EAPN Galicia colaborarán en actividades científicas, pedagógicas, sociales y culturales

La rectora de la Universidad de Santiago (USC), Rosa Crujeira, y la presidenta de...