Parte do litoral galego terá aviso amarelo nas primeiras horas deste luns, 11 de novembro, por ondas de entre catro e cinco metros de altura.
Así consta no Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, no que se concreta que continuará o vento do noroeste deixando un corredor de isóbaras que fará que o mar combinado supere o catro metros no litoral norte.
En concreto, até as 3,00 horas deste luns manterase o aviso amarelo por ondas na Costa da Morte, no noroeste do litoral da Coruña e na Mariña luguesa.