O municipio lugués de Burela é un das 14 localidades seleccionadas para participar na nova edición de ‘El Grand Prix del Verano’ de Televisión Española.
A localidade mariñá toma así a testemuña de Brión (A Coruña), representante galego no regreso do mítico o pasado verán ao prime time da 1 despois de 18 anos, converténdose na mellor estrea do ano en televisión.
Os pobos enfrontaranse, como sempre de dous en dous, en sete programas eliminatorios. O catro mellor puntuados clasificaranse para as dúas semifinais. O pobo gañador de cada unha delas accederá á gran final do concurso.
Os 14 pobos que concursarán nesta nova edición serán, en orde alfabética:
Almacelles (Lleida – Cataluña); Bembibre (León – Castela e León); Binissalem (Mallorca – Illas Baleares); Burela (Lugo – Galicia); Cangas de Onís (Asturias); Llerena (Badaxoz – Estremadura); Medio de Cudeyo (Cantabria); Morata de Tajuña (Madrid); Ondara (Alacante – Comunidade Valenciana); Olvera (Cádiz – Andalucía); San Adrián (Navarra); Santo Domingo da Calzada (A Rioxa); Tauste (Zaragoza – Aragón); e Villanueva de la Fuente (Guadalaxara -Castela -A Mancha)
Producido por RTVE en colaboración con EuroTV Producións (Grupo iZen), ‘El Grand Prix del Verano’ converteuse no seu regreso na mellor estrea do ano en televisión, cun 26,1% de cota. O seu sete entregas foron líderes absolutas da súa franxa, cunha media de 1.689.000 espectadores en lineal e 336.000 en diferido e un 19,4% de cota. Un dato que supera por 1,9 puntos a media lograda na súa última edición emitida na 1 no verán de 2005.