InicioSOCIEDADCentos de persoas maniféstanse en defensa de "a rendibilidade e sustentabilidade social"...

Centos de persoas maniféstanse en defensa de «a rendibilidade e sustentabilidade social» do monte galego

Publicada el


Centos de persoas manifestáronse este domingo en Santiago en defensa da «rendibilidade e sustentabilidade social» do monte galego, da biodiversidade e en favor dun «rural vivo».

Con estas palabras, o secratrio xeral da CIG, Paulo Carril, sintetizou o obxectivo da protesta que se celebrou hoxe na Alameda da capital galega, á que tamén acudiron organizacións ecoloxistas, sindicatos e personalidades políticas como Ana Pontón (BNG) ou Antón Sánchez (Anova).

Para os organizadores resulta «fundamental» modificar a «política forestal do PP» que, ao seu xuízo, está ao servizo da industria como a celusosa Ence e «en dretimento das explotacións agrarias ou gandeiras».

«No canto de apostar pola creacion de riqueza, emprego» ou a compatibilidade doutras actividades, a Xunta presenta un plan forestal «de forma oscurantista» e ás costas dos sectores sociais e económicos afectados, apostilou.

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apoia a mesma liña que expoñen os sindicatos. Considera que a clave está en «cambiar as políticas» para «enfrontar o reto do cambio climático» e «crear oportunidades económicas» para Galicia.

Abandonar o plan forestal do PP, apostar por un monte multifuncional, recuperar especies autóctonas e producir madeiras de calidade son o catro alicerces que propón a representante nacionalista.

Ademais, tamén apuntou á loita contra os incendios forestais desde a prevención, nun contexto «de expansión do eucalipto», unha especie pirófita, e «con previsións da Xunta de seguir incrementando a súa superificie».

A nova política que reclamaron os participantes da manifestación ten tamén que ver «cunha xestión do ciclo da madeira» diferente, que dea lugar a recuperar o tecido industrial, porque «se corta moita madeira pero non se trata aquí», explicou Pontón ao respecto.

últimas noticias

Hallan en Lalín el cuerpo de una mujer cerca de donde vieron por última vez a la desaparecida a mediados de noviembre

Unos cazadores encontraron la tarde de este domingo el cuerpo de una mujer en...

La Xunta da luz verde ambiental a una nave industrial destinada a un matadero de capones y de pollo ecológico

La Xunta ha dado luz verde ambiental a la ejecución de una nave industrial...

Un turno de la Policía Local de Santiago queda reducido de 8 a 2 agentes tras sucesivas «indisposiciones»

El turno de la mañana de este domingo de la Policía Local de Santiago,...

Sánchez admite «errores» en casos de abusos y corrupción pero dice que «a los españoles les renta este Gobierno»

Afirma que "merece la pena gobernar, aunque sea en estas circunstancias", y critica a...

MÁS NOTICIAS

La Xunta da luz verde ambiental a una nave industrial destinada a un matadero de capones y de pollo ecológico

La Xunta ha dado luz verde ambiental a la ejecución de una nave industrial...

Un turno de la Policía Local de Santiago queda reducido de 8 a 2 agentes tras sucesivas «indisposiciones»

El turno de la mañana de este domingo de la Policía Local de Santiago,...

Piden entre 5 y 6 años de cárcel para dos acusados por venta al menudeo de drogas en Pontevedra

La sección segunda de la Audiencia Provincial de Pontevedra juzgará el próximo martes a...