InicioSOCIEDADUn estudo alerta do incremento dos delitos de odio en Galicia, con...

Un estudo alerta do incremento dos delitos de odio en Galicia, con 58 agresións á comunidade LGTBI

Publicada el

Un estudo elaborado pola Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual ALAS A Coruña constata un incremento dos delitos de odio en Galicia, con 82 casos en 2021, un 70,83% máis en relación ao ano anterior, e deles 58 «que poden ser considerados como agresións cara á comunidade LGTBI galega».

Dos 82 casos, 41 foron na Coruña, aínda que, segundo os autores do estudo e en relación á comunidade LGTBI, non é que na cidade herculina haxa «máis LGTBIfobia, senón que a xente anímase máis a denunciar».

Así o manifestou Pablo Zas, un dos autores do informe 2021 do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, publicado baixo o título ‘Sacando as cores’. Fíxoo na presentación do documento no consistorio coruñés coa presenza tamén da concelleira de Benestar Social, Yoya Neira.

AXUDA PSICOLÓXICA

Zas explicou que a poboación que maior uso fai do servizo do observatorio ten «entre 15 e 34 anos» e unha das demandas que máis se repiten nestas idades é o acceso a gabinetes de psicoloxía «que lles axuden no seu día a día»

«O aumento de público é notable e consecuentemente tamén aumentan as denuncias», puntualizou sobre os casos contabilizados. «Ata que estes datos non se comecen a estabilizar non se poderá facer unha análise de se aumenta ou diminúe».

Neste sentido, Neira destacou a importancia da «visilibización» dos delitos e que «cada vez sexa menos difícil ou máis fácil» dar o paso de denunciar este tipo de condutas.

MÁIS CONSULTAS

Este cuarto informe reflicte que en 2021 este servizo ofrecido por Ás Coruña realizou 354 atencións a 201 persoas diferentes de 15 nacionalidades distintas. Estas cifras levan un incremento dun 40% nas atencións e dun 76% no número de usuarios respecto ao ano anterior.

En canto aos incidentes de odio, o informe sinala que o principal escenario foi a vía pública, seguida de moi lonxe, apunta, polo ámbito doméstico.

últimas noticias

Una tesis de la UDC abre nuevas vías para desarrollar una electrónica orgánica más resistente

Una tesis del Centro de Investigación en Tecnologías Navales e Industriales (CITENI) de la...

Consello.- El nuevo colegio de O Milladoiro, en Ames (A Coruña), llevará el nombre de Gerardo Fernández Albor

El nuevo colegio de O Milladoiro, en Ames (A Coruña), llevará el nombre del...

El equipo de Esfuerza de la Fundación María José Jove obtiene dos podios en el Descenso del Sella Adaptado

El equipo del programa Esfuerza de la Fundación María José Jove (FMJJ) se subió...

El Ayuntamiento alzará este miércoles el segundo tramo de la estructura de la cubierta de la grada de Gol de Balaídos

El alcalde de Vigo, Abel Caballero, ha informado de que el Ayuntamiento alzará este...

MÁS NOTICIAS