InicioSOCIEDADCoronavirus.- Sanidade suspende a administración da vacina de AstraZeneca contra a covid

Coronavirus.- Sanidade suspende a administración da vacina de AstraZeneca contra a covid

Publicada el


España vai suspender de maneira temporal a administración da vacina contra o coronavirus desenvolvida pola compañía AstraZeneca, após detectarse noutros países varios casos de trombose en persoas ás que se lle administraron esta vacina, segundo confirmaron a Europa Press.

Así se acordou no pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), convocado de maneira urxente este luns pola ministra de Sanidade, Carolina Darias, e no que participaron os conselleiros de Sanidade das comunidades autónomas.

Esta decisión xa foi adoptada por Francia, Alemaña, Iralia, Austria, Dinamarca, Estonia, Lituana, Noruega, Islandia, Tailandia e Irlanda. Ademais, comunidades autónomas como Cataluña, Castela e León, Canarias, Comunidade Valenciana, Asturias e Andalucía suspenderon preventivamente tamén a inoculación desta vacina.

Precisamente, o pasado sábado Galicia realizou unha vacinación masiva con Astrazeneca en 14 puntos diferentes con case 15.000 doses administradas entre persoas de 50 a 55 anos.

Actualmente, a Axencia Europea do Medicamento (EMA, polas súas siglas en inglés), que se vai volver reunir este martes, está a estudar os eventos trombóticos notificados, aínda que sinalou que, polo momento, non hai indicios de que a vacinación causase estas afeccións, «que non figuran como efectos secundarios desta vacina».

Do mesmo xeito, o pasado venres a Organización Mundial da Saúde (OMS) asegurou que «non hai razón para non usar» a vacina de AstraZeneca contra a COVID-19. «Hai persoas que morren todos os días, polo que é normal que haxa persoas que foron inmunizadas e morren. Os informes dispoñibles até agora non establecen unha relación directa cos trombos xa que esta porcentaxe observouse tamén entre a poboación xeral», dixo a subdirectora xeral da OMS para o Acceso a Medicamentos e Produtos Sanitarios, Mariângela Simão.

últimas noticias

Detenido en Lugo un hombre por quebrantar la orden de alejamiento de su pareja al subirse al capó de su vehículo

Un hombre ha sido en detenido en Lugo por quebrantar la orden de alejamiento...

Acepta 2 años de cárcel al intentar robar en un banco en Ourense con una pistola de gas comprimido: «Esto es un atraco»

Un hombre acusado de un delito de robo con violencia e intimidación en local...

Detenido en Vigo tras hurtar un móvil de alta gama durante un encuentro concertado en una aplicación de citas

Agentes de la Policía Nacional de Vigo han detenido a un hombre como supuesto...

Sucesos.- Heridas dos personas tras volcar un coche en la AP-9 a su paso por Pontevedra

Dos personas han resultado heridas este viernes tras sufrir un accidente en el que...

MÁS NOTICIAS

Acepta 2 años de cárcel al intentar robar en un banco en Ourense con una pistola de gas comprimido: «Esto es un atraco»

Un hombre acusado de un delito de robo con violencia e intimidación en local...

La Xunta y el Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos colaboran para poner en valor la vertebración viaria

La conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, y la decana...

El Sergas celebra este fin de semana una nueva jornada de oposiciones con más de 10.000 aspirantes convocados

El Sergas celebrará este fin de semana, 14 y 15 de noviembre, un nuevo...