InicioPOLÍTICARueda nega que pospor a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial...

Rueda nega que pospor a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial fora por beneficiar a Madrid

Publicada el


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, negou este luns que, en 2021, a decisión que adoptou o Goberno galego para pospor a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade fora «por beneficiar» á da Paisaxe da Luz, que impulsaba Madrid.

Así respondeu este luns despois das críticas que suscitou unhas palabras pronunciadas a pasada semana en Fitur polo alcalde da capital española, José Luís Martínez-Almeida, quen afirmou que naquel momento a candidatura da Ribeira Sacra «tivo a xenerosidade de ver» que a madrileña «era máis dura».

Con todo, Rueda explicou que o que se fixo foi «seguir as indicacións» que daban «expertos» nestes procesos. O que fixeron, engadiu, foron recomendacións «de carácter técnico» conforme ás cales había que «madurar máis» a postulación da Ribeira Sacra «para poder ter éxito», como augura que pasará «agora», cando este enclave xa é unha candidatura oficial ante a Unesco.

«Creo que foi o que se fixo. Traballouse moi ben durante todo este tempo e eu espero que teñamos éxito. Esa foi a razón: non permanecer nunha candidatura que, probablemente, nesas condicións, estaría chamada ao fracaso. Por tanto, isto non foi por beneficiar a ninguén que non fósemos nós mesmos e, desde logo, non tivemos ningún tipo de indicación», resolveu o presidente galego.

Neste contexto, Rueda lamentou «moitísimo» que se «terxiversen» as palabras do alcalde de Madrid, que o que fixo foi falar «en sentido coloquial» para manifestar a súa «querenza» e o seu «apoio» a Galicia e á Ribeira Sacra. «Sempre vai haber xente que faga isto, pero non vai ser xente maioritaria, nin moitísimo menos», apostilou.

E é que, en palabras do presidente da Xunta, Martínez-Almeida «sempre» dá o seu apoio a Galicia e Madrid é «un foco emisor» de turistas que veñen «dinamizar» a economía.

últimas noticias

Sucesos.- Seis vehículos implicados en un accidente múltiple en la A-55, a su paso por Mos (Pontevedra)

Seis vehículos se han visto implicados este martes en un accidente múltiple en la...

Rueda desea suerte a la nueva junta directiva del Consello Galego de Economistas y agradece al equipo saliente su labor

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, ha deseado suerte a la nueva junta...

Sucesos.- Detenido un hombre por acoso y agresión sexual en Monforte de Lemos (Lugo)

Un hombre fue detenido y puesto a disposición judicial este martes por supuestamente acosar...

Sucesos.- Detenido un hombre por acoso y agresión sexual en Monforte de Lemos (Lugo)

Un hombre fue detenido y puesto a disposición judicial este martes por supuestamente acosar...

MÁS NOTICIAS

Rueda desea suerte a la nueva junta directiva del Consello Galego de Economistas y agradece al equipo saliente su labor

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, ha deseado suerte a la nueva junta...

Elena Espinosa, viceportavoz del PSdeG en la Cámara gallega, presentará su renuncia como diputada autonómica

La política viguesa Elena Espinosa, viceportavoz del PSdeG en la Cámara gallega, presentará este...

Los vinos de las Rías Baixas, distinguidos con cinco grandes oros en los Premios Bacchus 2026

La Denominación de Origen Rías Baixas inaugura la temporada de premios con un total...