Médicos de Atención Primaria de toda Galicia manifestaranse este sábado en Santiago para protestar contra a sobrecarga asistencial e reclamar medidas que melloren as condicións de atención aos pacientes.

Así o acordaron nunha asemblea celebrada en Santiago, após a que ademais convocaron dúas xornadas de folga durante este mes de novembro en sinal de protesta.

Os profesionais chaman á participación de toda a cidadanía, ademais dos traballadores de Primaria. No seu día valoraron, ademais, pór en marcha outras medidas no caso de que non se solucione a súa situación, como renunciar á docencia se non se dan as «condicións adecuadas».