InicioECONOMÍARecursos de Galicia prepara tarifas eléctricas "estables e competitivas" para empresas en...

Recursos de Galicia prepara tarifas eléctricas «estables e competitivas» para empresas en Galicia

Publicada el


A compañía público-privada Recursos de Galicia (RDG) está a preparar un sistema de tarifas eléctricas «estables e competitivas» do parque eólico de Mondigo para empresas de diversos sectores que operan na Comunidade galega.

Co obxectivo de recoller os datos necesarios para deseñar un sistema adaptado ás necesidades dos sectores empresariais, este martes o conselleiro delegado de RDG, Emilio Bruquetas, mantivo encontros co tecido produtivo dos municipios lucenses de Trabada, Ribadeo e Barreiros, xunto cos seus alcaldes: Rubén García, Daniel Vega e Ana Belén Ermida, respectivamente.

A partir dos datos recollidos nas vindeiras semanas, por exemplo as necesidades e particularidades de cada sector empresarial, RDG deseñará un instrumento para que empresas de calquera punto de Galicia «melloren a súa competitividade nos custos enerxéticos».

A empresa público-privada impulsada pola Xunta para garantir que o aproveitamento dos recursos naturais da comunidade se traduza nun retorno económico e social para a cidadanía tenta desta forma que «as pemes conten coas vantaxes das grandes compañías na contratación de enerxía».

PRIMEIRO PARQUE EÓLICO

RDG comprou o parque eólico de Mondigo, que comezou a producir electricidade a finais do ano pasado, e que consta de 11 aeroxeradores, que totalizan 49,5 MW de potencia instalada. Está previsto que xere anualmente uns 131 GWh.

Este eólico facilita descontos directos na factura eléctrica para os veciños que residen nun radio de 1,8 quilómetros do parque situado na Mariña Oriental, a través do programa ‘Mondigo Beneficia’.

A Xunta de Galicia é o principal accionista de RDG, mentres que a parte privada está integrada actualmente por 32 empresas de toda clase, que sosteñen máis de 21.000 empregos directos e achegan anualmente un 14% do produto interior bruto da Comunidade galega.

últimas noticias

El TSXG avala que Impulsa Galicia no facilite la información sobre el proyecto de Altri solicitada por la CIG

La sección tercera de la Sala de lo Contencioso-administrativo del Tribunal Superior de Xustiza...

Rural.- Personal antincendios protesta ante la Xunta para reclamar mejoras laborales

Personal del Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF), dependiente de...

Pleno.- Xunta dice que quiere que Ourense tenga PGOM cuanto antes y Ojea acusa de tumbarlo por «motivos electoralistas»

La conselleira de Vivienda e Planificación das Infraestruturas, María Martínez Allegue, ha asegurado que...

Los trabajadores gallegos que desplazan a Portugal se disparan un 29%, mientras caen un 11% los portugueses en Galicia

El número de empleados gallegos que se desplazó a trabajar a Portugal fue de...

MÁS NOTICIAS

Rural.- Personal antincendios protesta ante la Xunta para reclamar mejoras laborales

Personal del Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF), dependiente de...

Los trabajadores gallegos que desplazan a Portugal se disparan un 29%, mientras caen un 11% los portugueses en Galicia

El número de empleados gallegos que se desplazó a trabajar a Portugal fue de...

Villaverde cierra el Pesca Saúde llamando a devolver el pescado y el marisco frescos al centro de la dieta

La conselleira do Mar, Marta Villaverde, ha hecho este miércoles en Santiago un llamamiento...