InicioCULTURAOcean Colour Scene, Dorian, Sés, Carlos Sadness e Sanguijelas do Guadiana, cabezas...

Ocean Colour Scene, Dorian, Sés, Carlos Sadness e Sanguijelas do Guadiana, cabezas de cartel do Marisco 2026

Publicada el


Ocean Colour Scene, Dorian, Carlos Sadness, Sanguijuelas do Guadiana e Sés foron anunciados como cabezas de cartel dos Concertos da 63.ª edición Marisco 2026, no Grove.

Tal e como trasladou a organización do evento en nota de prensa, do 1 ao 11 de outubro poderase gozar desta programación gratuíta, encabezado pola banda británica Ocean Colour Scene, xunto con nomes como Dorian, Carlos Sadness, Sés, Sanguijuelas do Guadiana ou 9Louro.

En total, 16 propostas musicais pasarán polo escenario ao longo de once xornadas, nun cartel que volve apostar pola diversidade de estilos e xeracións. A nova edición chega, ademais, após o éxito histórico alcanzado en 2025, cando preto de 40.000 persoas pasaron ao longo do ciclo pola carpa dos concertos.

A música empezará o xoves 1 de outubro coa formación local Vos Firrás, mentres que o venres 2 será a quenda de 9Louro e de Djow.

O sábado 3 de outubro actuará a banda de pop e rock británico Ocean Colour Scene, nunha noite que completará Nanein DJ. De seguido, o domingo 4 o protagonismo será para a música galega con Sés, acompañada pola formación meca 5 en Zocas.

Durante os seguintes días continuarán as actuacións de artistas e grupos vinculados ao Grove: @ de Viño, o luns 5; David Raparigo e Lote, o martes 6; A Banda do Sequío, o mércores 7; e Kballito, o xoves 8.

Xa na recta final dos Concertos do Marisco: o venres 9 actuarán Fla-Meco e Sanguijuelas do Guadiana; e o sábado 10 será a quenda de Carlos Sadness, acompañado por Manu TF DJ, mentres que Dorian porá o broche final á programación o domingo 11 de outubro, nunha última noite na que tamén actuará Freshkinhos.

últimas noticias

La izquierda defiende la «reparación histórica» a los saharauis con la nacionalidad, pero PP y Vox critican la fórmula

Los grupos de izquierda han defendido este jueves en el Congreso como una "reparación...

Los gallegos consiguen ahorrar de media el 15,4% de ingresos, por debajo de la media estatal, según un estudio de UCI

Los españoles reservan de media el 16,2% de sus ingresos para ahorros, algo por...

Bimba y Lola incrementa sus ventas un 6% en el primer semestre, con un aumento del 8% de su canal ‘online’

La compañía textil viguesa Bimba y Lola ha incrementado sus ventas un 6% en...

Detenido un individuo como presunto autor de cuatro delitos de robo con fuerza en lavanderías automáticas de Ourense

La Policía Nacional de Ourense ha detenido a un individuo como presunto autor de...

MÁS NOTICIAS

Museo do Pobo Galego ofrece una conferencia sobre las Frazadas con flores de Chiloé chilenas y su vínculo con Galicia

La investigadora y directora del Comité Nacional de Conservación Téxtil de Chile, Trinidad Flaño...

El Resurrection Fest saca a la venta el jueves sus primeros 10.000 abonos para 2027, antes de conocerse ningún grupo

El Resurrection Fest Estrella Galicia saca a la venta este jueves, 10 de septiembre...

Digital.-Maite Taboada ingresa en la RAGC para contribuir a que el gallego tenga presencia en las tecnologías del futuro

La experta en lingüística computacional Maite Taboada ha ingresado este miércoles en la Real...