InicioActualidad'O que arde', preseleccionada para representar a España nos Óscar

‘O que arde’, preseleccionada para representar a España nos Óscar

Publicada el


‘La trinchera infinita’ de Aitor Arregi, Jon Garaño, Jose Mari Goenaga; ‘El hoyo’ de Galder Gaztelu-Urrutia e ‘O que arde’ de Oliver Laxe’, son os tres títulos que optan a representar a España na 93ª. edición dos Óscar de Hollywood na categoría de Mellor Película Internacional.

O actor galego Javier Rey, protagonista da serie ‘Fariña’ e que ten pendente de estrea o drama romántico ‘El verano que vivimos’ e o thriller ‘La casa del caracol’, foi o encargado de anunciar o tres películas preseleccionadas nun acto no que estivo acompañado polo presidente da Academia Mariano Barroso e o notario Federico Gayaralde Niño.

Non será até o 3 de novembro cando a Academia de cinema anunciará cal deste tres películas será o título que finalmente representará a España nos premios da Academia de Hollywood.

O pasado ano a elixida por ‘Dolor y Gloria’, de Pedro Almodóvar, que chegou a estar entre o cinco nomeadas ao premio á mellor película internacional na gala dos Óscar, aínda que finalmente a figura foi para ‘Parásitos’, do surcoreano Bong Joon-ho.

Oliver Laxe xa fixo historia ao converterse no primeiro cineasta español, xunto a Víctor Erice, en ser seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras e o único en ser premiado en todas as súas participacións.

No certame francés, ‘O que arde’ fíxose en 2019 co Premio do Xurado da Sección Oficial ‘Un Certain Regard’ e o Premio á Mellor Creación Sonora da sección. Entre outros galardóns cultivados nos últimos meses atópase o do Goya a actriz revelación para Benedicta Sánchez.

últimas noticias

Pleno.- La Xunta defiende, ante críticas del PSdeG, que no hay «ningún» proyecto industrial estratégico «paralizado»

La conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, ha asegurado que no hay...

29N.- Rueda anima a «convertir el enfado en voto» el 29N y advierte que se elige entre «el sinsentido y el ‘sentidiño'»

El presidente del PPdeG, Alfonso Rueda, ha animado a los gallegos y gallegas a...

Pesca.- La conselleira do Mar solicita intervenir el lunes en Agrifish para defender la voz de las CC.AA sobre la PPC

La conselleira do Mar, Marta Villaverde, ha solicitado al ministro de Agricultura, Pesca y...

Pleno.- La Xunta insta al Gobierno a paralizar la subida de los peajes de la AP-9 y la AP-53 para 2027

La conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, ha instado al...

MÁS NOTICIAS

Agustín Fernández Mallo reedita ‘Nocilla dream’: «Algún día las máquinas harán novelas tan complejas como las nuestras»

El escritor coruñés Agustín Fernández Mallo ha reeditado su novela 'Nocilla dream' (Alfagura) cuando...

Museo de Pontevedra acoge ‘Bifrontes’, exposición de «miradas contrapuestas» de artistas de la Facultad de Bellas Artes

El Edificio Sarmiento del Museo de Pontevedra acogerá del 18 de noviembre al 14...

La serie ‘Caldas. El último barco’, basada en la novela de Domingo Villar, llega a Disney+ el 2 de diciembre

La serie 'Caldas. El último barco', inspirada en la tercera novela del escritor Domingo...