InicioEDUCACIÓN Y SANIDADEducación descarta "de momento" a semipresencialidade nas aulas e avanza a contratación...

Educación descarta «de momento» a semipresencialidade nas aulas e avanza a contratación de mil docentes

Publicada el


A Consellería de Educación da Xunta de Galicia descarta, polo momento, acudir ao sistema de semipresencialidade na volta ás aulas o próximo curso, aínda que matizou que a xestión do curso escolar está suxeita a posibles modificacións, en función de como evolucione a pandemia de COVID-19.

Así o trasladou, en resposta aos medios de comunicación, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, durante unha visita ao CPI Cova Terreña de Baiona (Pontevedra), e sinalou que, nestes momentos, a Xunta «non baralla a semipresencialidade», aínda que as medidas poden variar.

A ese respecto, após reiterar que «neste momento» a intención da Consellería é que haxa un «cento por cento» de clases presenciais, Carmen Pomar lembrou que os nenos necesitan volver aos colexios, despois de renunciaren a ese espazo de socialización e aprendizaxe, e de ser os «esquecidos» durante o confinamento. En todo caso, matizou que, se as autoridades sanitarias recomendan as clases non presenciais, a medida aplicaríase en alumnos «de idades maiores».

A conselleira insistiu en enviarlle unha «mensaxe de tranquilidade» á comunidade educativa, a pesar de que recoñeceu que o próximo curso será «difícil» polas «incertezas». Segundo subliñou, existe un protocolo elaborado segundo criterios sanitarios, «moi detallado» e suxeito a adaptacións en función da evolución da crise sanitaria, e haberá equipos COVID nos centros con formación impartida por expertos sanitarios.

Segundo sinalou, ese protocolo recolle, entre outras cuestións, «a xestión de abrochos» e posibles limitacións por territorios. Ademais, engadiu, a Xunta está «preparada» por se houbese confinamentos por zonas para que os estudantes poidan ter atención virtual.

A conselleira lembrou que o seu departamento «duplicou esforzos» en formación do profesorado en materia de recursos tecnolóxicos, así como para garantir a conectividad das familias que o necesitan. Así mesmo, recalcou, «vanse a adquirir máis recursos tecnolóxicos».

«O MÁIS BENEFICIOSO» PARA Os PEQUENOS

«Hai que pensar nos máis pequenos (…), o máis beneficioso é que volvan ás aulas. Creo que o 10 de setembro estará todo preparado, saberán por onde teñen que entrar e por onde saír, coas súas máscaras, desinfectándose as mans. E os nenos interiorizan o que teñen que facer mellor que os pais, son moi disciplinados e cumpren as normas», afirmou Pomar.

Así mesmo, con respecto á volta aos colexios, a conselleira lembrou que os centros xa coñecen as instrucións con respecto á necesidade de ser «flexibles» e adaptar o currículo, especialmente no primeiro trimestre, aos coñecementos previos que teñen os alumnos. Nesa liña, lembrou que eses primeiros meses de curso serán fundamentais para «compensar as lagoas» que puidesen ter debido aos meses de confinamento.

CONTRATACIÓN DE DOCENTES

Por outra banda, Carmen Pomar avanzou que, en termos xerais, contratarase a un milleiro de novos profesores. Así, lembrou que se prevé a incorporación de 250 docentes novos polo «desdobramento» de aulas en infantil e primaria.

A eles sumaranse «outros tantos» en canto se coñezan as necesidades de desdobrar aulas noutros ciclos. Ademais, apuntou, contrataranse case 600 profesores para labores de reforzo.

SAÚDE SOCIOEMOCIONAL

A conselleira avanzou tamén que a próxima semana presentarase o Plan de Acollida para o curso 2020-2021, elaborado en coordinación cun grupo de expertos en Psicoloxía e Saúde Mental, e no que «se porá énfase na saúde socioemocional» dos nenos, no que será o seu período de «adaptación» após meses sen asistir aos colexios.

Así, ademais dunha guía de actividades para os profesores, haberá unha «comisión permanente de expertos en saúde mental» para asesorar aos centros en todo o que ten que ver co benestar emocional dos alumnos.

últimas noticias

Sucesos.- Un helicóptero de Gardacostas halló el pesquero francés hundido en El Franco, donde buscan a un tripulante

El Jefe de Zona Noroccidental de Bomberos del Servicio de Emergencias del Principado de...

Sucesos.- Un helicóptero de Gardacostas halló el pesquero francés hundido en El Franco, donde buscan a un tripulante

El Jefe de Zona Noroccidental de Bomberos del Servicio de Emergencias del Principado de...

Incautados en A Guarda (Pontevedra) 75 kilos de pulpo y 430 cacharros ilegales con la veda ya iniciada

Gardacostas de Galicia ha decomisado 75 kilos de pulpo y 430 cacharros de plástico...

Sandra Garrido, gallega en Flotilla: «Nunca habían llegado al límite de interceptar a 1.100 km de la Palestina ocupada»

"Nunca habían llegado al límite de interceptar a 1.100 kilómetros de la Palestina ocupada",...

MÁS NOTICIAS

El respaldo a la huelga de médicos por el Estatuto Marco en Galicia roza el 2,5% en el turno de tarde, según Sanidade

El seguimiento de la huelga de médicos a nivel nacional convocada contra el Estatuto...

La huelga de médicos por el Estatuto Marco concluye con un 20% de respaldo en Galicia, según Sanidade

El seguimiento de la huelga de médicos convocada a nivel estatal contra el Estatuto...

La Xunta busca el uso corresponsable de la tecnología entre alumnos, familias y centros con el Contrato de Vida Digital

La Xunta de Galicia ha presentado en vísperas del Día Internacional Contra el Acoso...