InicioEDUCACIÓN Y SANIDADUn total de 45 usuarios e 24 traballadores de residencias de maiores...

Un total de 45 usuarios e 24 traballadores de residencias de maiores reciben o alta

Publicada el


As persoas curadas en residencias de maiores segue aumentando cada día e este xoves chegou ás 45 altas entre usuarios e 24 entre traballadores destes centros, o maior número de recuperados en 24 horas.

Desta maneira, os casos activos en residencias de maiores baixan até os 802 casos entre residentes e os 302 entre empregados, segundo informou este xoves a Consellería de Sanidade. A mesma institución tamén rexistrou a morte de nove persoas neste tipo de instalacións durante a pasada xornada.

A maior parte das altas entre usuarios recibíronas os maiores da residencia Divino Maestro (22) e tamén seis persoas curáronse na Fundación José Otero, cinco en Nuestra Señora de Fátima (O Barco de Valdeorras), catro en Concepción Arenal, tres en Remanso Claudina-Somoza, dous en Fogar Bellolar, unha en DomusVi Matogrande, unha en Castro Caldelas e outra na DomusVi de Pereiro de Aguiar, en Ourense.

Pola súa banda, recuperáronse nove traballadores de Remanso Claudina-Somoza, tres de DomusVi Monforte, dous de Concepción Arenal, dúas de Fundación José Otero, dúas de Fogar Bellolar, dúas de Foz, unha de Castro Caldelas, un da nosa Señora de Fátima, un de Melide e outro de El Portazgo.

CENTROS MÁIS AFECTADOS

Mentres tanto, os casos activos permanecen maioritariamente na DomusVi de Cangas con 89 afectados, na residencia Nuestra Señora de la Esperanza de Ourense, con 72; en DomusVi Barreiro con 70; DomusVi San Lázaro con 64 e Nuestra Señora de Fátima con 48.

Outras instalacións con alto número de contaxiados son Santa Teresa Jornet da Coruña (57), Remanso Claudina-Somoza da Coruña (42), DomusVi Matogrande (41), El Portazgo (38) e Fundación San José Hermanitas de Ourense (38).

Os traballadores destas residencias que padecen o virus descenden tamén a 302 e Nuestra Señora de la Esperanza de Ourense aínda é o maior foco de infectados, cun total de 34. Mentres tanto, tamén contan cunha gran porcentaxe de infectados os cadros de Divino Maestro de Ourense (18), DomusVi San Lázaro (20), Nuestra Señora de Fátima (17) e DomusVi Cangas (17).

últimas noticias

El Parlamento insta a la Xunta a seguir de cerca el ERE anunciado por Nestlé en Pontecesures

El Parlamento gallego ha aprobado este jueves una iniciativa para instar a la Xunta...

Lg1do estrena su primer álbum, ‘Sobresaliente’, en su último día de PAU y lo celebra con un concierto en Santiago

El artista Lg1do, con 18 años y criado en Santa Comba, ha lanzado por...

Consejo General de Economistas y LaLiga reconocen la «transparencia y excelencia en divulgación no financiera» del Celta

El Consejo General de Economistas de España (CGEE) y LaLiga distinguirán el próximo lunes,...

MÁS NOTICIAS

La CiUG concretará el viernes las medidas de «corrección extraordinaria» en Historia y Dibujo Técnico de la PAU

La Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) ha avanzado que tendrá en cuenta las circunstancias...

La estación de tren de A Coruña comienza este viernes un mes de cortes por obras en el que Renfe fletará buses

La estación de tren de A Coruña comenzará este viernes, 5 de junio, más...

El Parlamento pide a la Xunta que impulse la candidatura de Lugo a acoger la sede de la Agencia Estatal de Salud Pública

El Parlamento gallego pide a la Xunta que impulse el apoyo a la candidatura...