InicioPOLÍTICAEn Marea cre "inaceptable en termos educativos e investigadores" a creación da...

En Marea cre «inaceptable en termos educativos e investigadores» a creación da universidade privada de Abanca

Publicada el


O portavoz do grupo mixto e o partido En Marea, Luís Villares, cualificou de «inaceptable en termos educativos e investigadores» a creación da universidade privada que promove Fundación Galicia Obra Social-Afundación, da entidade financeira Abanca.

Nunha rolda de prensa celebrada este martes en sede parlamentaria, Villares denunciou «incumprimentos de carácter formal» na documentación presentada ante o Consello Galego de Universidades, que o pasado luns informou favorablemente á súa creación pese ao rexeitamento expresado polas tres institucións académicas públicas de Galicia.

Após incidir en que o grupo mixto continuará coa súa oposición ao proxecto no seu labor parlamentario, o portavoz de En Marea culpou ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de «constreñir» o sistema público de universidades «durante anos» para favorecer a súa «privatización».

«Hai unha estratexia clara por privatizar o sitema univestario público galego, e isto é a corolaria. Non queremos que os bancos vampiricen o sistema universitario nin que os políticos incendien a universidade pública», engadiu Villares, que afea á Xunta que abra a porta a unha institución «que vén competir» coa pública baixo o impulso dunha entidade bancaria «que se financiou con 9.000 millóns de euros dos galegos».

«A Xunta sitúase ao lado dos que van esnaquizar a universidade pública galega», incidiu antes de valorar a oposición expresada polos reitores da USC, UVigo e UDC durante a reunión do Consello Galego de Universidades, «un foro que debería defender o pública» pero que avalou o proxecto «porque o PP tiña blindada a votación», segundo Villares.

«Non sabemos que titulacións vanse a impartir, que profesorado, os plans de estudo, a programación investigadora… só nos queda unha cousa clara: o afán recadatorio», incidiu, para a continuación reclamar a modificación de Lei de Universidades para evitar que as empresas privadas entren a formar parte do Consello. «Sería pór ao raposo a coidar das galiñas», apostilou.

«INCUMPRIMENTOS FORMAIS»

Así as cousas, Villares detallou que existen «incumprimentos de carácter formal» no procedemento para a posta en marcha desta iniciativa promovida por Abanca.

Deste xeito, asegurou que ante o Consello Galego de Universidades «non se presentou a documentación básica» como «unha memoria financeira» ou o «informe xurídico» no que figure en que consellería «se encadraría» a nova universidade privada.

«Non importou nada disto onte porque o PP tiña blindada a votación», aseverou o maxistrado en excedencia, que augurou que a creación desta iniciativa derivará nunha «situación de competencia desleal» entre o sistema público e a universidade privada.

«Opómonos tallantemente á aprobación de calquera universidade privada porque non fai falta. O sistema público responde as necesidades de educación e investigación do país, non fai falta que veña a privada a competir coa pública», subliñou o portavoz do grupo mixto.

últimas noticias

Xunta y Colexio de Avogados de A Coruña firman un convenio para ampliar su servicio de solución de controversias

El conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, ha firmado con el decano...

(AM.)Galicia, segunda comunidad más segura de España, aunque suben los delitos de robo en domicilios y tráfico de drogas

El delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, ha destacado este jueves que Galicia...

La Xunta financia este año a una docena de asociaciones gallegas con ayudas para impulsar la movilidad de los usuarios

El conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado por la directora xeral...

Pesca.- La Eurocámara pide adaptar cuotas pesqueras a cada tipo de flota y equiparar las exigencias a la importación

El Parlamento Europeo ha reclamado este jueves una revisión de la Política Pesquera Común...

MÁS NOTICIAS

El BNG reclamará en el Congreso reforzar las oficinas del ISM en Galicia

La Comisión de Trabajo y Seguridad Social del Congreso debatirá el próximo martes, 22...

Alfonso Rueda confía en que el Gobierno autorice «este año» la implantación de SAIC en Ferrol

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, ha mostrado este jueves su esperanza en...

El VIII Foro La Toja pondrá el foco en la IA y en la relación Marruecos-España bajo el lema ‘Un mundo en desorden’

La octava edición del Foro La Toja, que se celebrará los días 1, 2...