InicioSOCIEDADA Xunta activa o nivel 1 de alerta por altas temperaturas en...

A Xunta activa o nivel 1 de alerta por altas temperaturas en diferentes zonas de Galicia

Publicada el


A Xunta activou o nivel 1 de alerta en diversos puntos de Galicia por altas temperaturas.

Meteogalicia detallou que, a partir deste venres, as altas presións volveranse a localizar ao norte da península Ibérica, polo que chegará unha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana.

Isto levará a que as temperaturas experimentes significativos ascensos, tanto nos valores mínimos como nos máximos. Esta subida comezará a notarse este venres, cando varios puntos de Galicia superarán os 30 graos e, mesmo, os 35 graos en puntos de interior.

Loa valores máis elevados rexistraranse entre este sábado e o luns cando a situación de calor será máis xeneralizada. Con todo, unicamente quedan fóra desta onda de calor puntos do norte da Coruña e de Lugo.

Así mesmo, espéranse néboas costeiras nas xornadas do domingo e o luns nas Rías Baixas que contribuirán a un descenso das temperaturas nas zonas de costa durante a mañá. As temperaturas volverán aos poucos á normalidade o vindeiro mércores.

RECOMENDACIÓNS

Ante este episodio a Xunta lembra que os principais grupos de risco son as persoas maiores de 65 anos e nenos menores de catro anos; persoas con enfermidades cardiovasculares, con diabetes mellitus, con enfermidade pulmonar obstructiva crónica, insuficiencia renal, párkinson, Aazheimer ou patoloxías similares, así como persoas con enfermidades psiquiátricas.

Tamén todas aquelas persoas que viven en vivendas mal acondicionadas, persoas con exceso de peso ou peso excesivamente baixo, traballadores, deportistas ou aquelas persoas que pasan varias horas en exteriores.

Por iso, a Consellería de Sanidade recomenda: beber máis líquidos sen esperar a ter sede, evitar bebidas quentes, alcohólicas, café, té e as moi azucaradas; aumentar o consumo de ensaldas, verduras e froitas; evitar comidas copiosas; comer menos cantidade e máis veces ao día; usar roupa de tecidos naturais, lixeira, chapeu, lentes de sol e cremas protectoras, entre outras recomendacións.

En caso de sufrir esgotamento ou un golpe de calor, recomendan solicitar axuda médica urxente chamando ao 061.

últimas noticias

Sánchez anuncia elecciones el 29 de noviembre y emplaza a elegir entre la «ola ultraderechista» o seguir avanzando

El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, ha anunciado su decisión de convocar elecciones anticipadas...

Lugo celebra el San Froilán, las fiestas «más hermosas» del otoño gallego, con Sonsoles Ónega de pregonera

Lugo ha celebrado en San Froilán, las que, según Álvaro Cunqueiro, son las fiestas...

Sucesos.- Fallece un motorista tras sufrir una colisión contra un turismo en Ourense

Un motorista ha perdido la vida este domingo tras sufrir una colisión contra un...

Digital.- Un 70% de las empresas tecnológicas gallegas emplea la IA o la incorpora a sus productos y servicios

Casi un 70 por ciento de las empresas tecnológicas gallegas utilizan la inteligencia artificial...

MÁS NOTICIAS

Lugo celebra el San Froilán, las fiestas «más hermosas» del otoño gallego, con Sonsoles Ónega de pregonera

Lugo ha celebrado en San Froilán, las que, según Álvaro Cunqueiro, son las fiestas...

(AM)El alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, denuncia una «violenta agresión» al grito de «rojos de mierda»

El alcalde de Vilagarcía de Arousa y presidente de la Federación Galega de Municipios...

La Xunta concede ayudas a 65 universitarios para su programa de movilidad con países extracomunitarios

Un total de 65 universitairos gallegos han resultado beneficiarios de las ayudas convocadas por...