InicioCULTURAA Real Filharmonía de Galicia estrea nova temporada, 'Inconformistas', con compositores que...

A Real Filharmonía de Galicia estrea nova temporada, ‘Inconformistas’, con compositores que «desafiaron as normas»

Publicada el


A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou este venres a nova temporada 2024/2025, que leva por título ‘Inconformistas’, co foco en compositores e compositoras que «desafiaron as normas establecidas abrindo novos territorios sonoros».

Así, a programación ten como fío condutor a música de tres figuras destacadas da composición: parte de Ludwig van Beethoven, ‘o inconformista orixinal’; a figura de Héctor Berlioz; e a nova compositora residente da RFG, Raquel García-Tomás.

Neste fío, durante a temporada percorrerase a traxectoria e as obras de artistas como Franz Schubert, Anton Bruckner, Gustav Mahler, Charles Ives, Edgard Varèse ou Frank Zappa, que se suman a mulleres como Marianne von Martinez, Elisabeth Jacquet da Guerre ou Ruth Crawford-Seeger.

Na presentación, levada a cabo na Escola de Altos Estudos Musicais, o director da Real Filharmonía, Baldur Brönnimann, apuntou que «ás veces a música enfócase moito na tradición, nun marco académico», pero, «se un mira atrás, é todo o contrario»: «A historia da música é a historia de inconformistas».

Por iso, explicou que con esta programación non fan «nada radical», senón que queren estar «á altura do noso tempo». «Queremos romper os muros que temos aínda coa sociedade que nos rodea. Iso pasa por implicar ao público, convidalos a opinar e a compartir a orquestra, a nosa misión fundamental», manifestou.

NOVAS FIGURAS

Tamén puxo o foco no apoio aos mozos e na presenza de novas figuras. Por iso, a Real Filharmonía incorpora neste curso a dúas novas figuras artísticas en residencia: a violinista e directora francesa afincada en Vigo Amandine Beyer e a compositora Raquel García-Tomás, Premio Nacional de Música 2022.

Pola súa banda, a directora técnica da Real Filharmonía, Sabela García, detallou a programación, que contará con 22 concertos de abono de setembro a maio; oito fóra de abono; tres propostas didácticas; tres concertos familiares; e 13 actuacións por toda Galicia. Estas últimas celebraranse en Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, Ferrol e A Coruña, así como nas localidades de Celanova, Merza e Lalín.

Así mesmo, a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, celebrou que haxa música contemporánea, «algo que pode favorecer a que se incorporen novos públicos e xente nova».

últimas noticias

Intervenidos más de 83.000 juguetes irregulares en las fiestas patronales de Sada, Arteixo, Culleredo y Carral

La Guardia Civil de A Coruña ha intervenido 83.836 juguetes carentes del marcado CE...

Rural.- Controlado el incendio de Quiroga, que afecta a unas 460 hectáreas

La Consellería do Medio Rural ha informado de que el incendio de Quiroga, en...

Un acertante de Laxe (A Coruña) se lleva un premio de un millón de euros del sorteo de la Bonoloto de este viernes

El sorteo de la Bonoloto celebrado este viernes, 18 de septiembre, ha dejado un...

Rural.- (AM) Un detenido como supuesto autor de un incendio en Ponteareas (Pontevedra) que afecta a unas 3 hectáreas

Un hombre, vecino de Ponteareas y de unos 50 años, ha sido detenido como...

MÁS NOTICIAS

Comienza el Festival de San Sebastián con ‘Así chegou a noite’ en Made in Spain y Tamar Novas de jurado en New Directors

El Festival de San Sebastián arranca este viernes, 18 de septiembre, su 74 edición,...

Silvio Rodríguez se reencuentra este sábado con su público gallego en un concierto en A Coruña con entradas agotadas

Más de 15 años después de sus últimos conciertos en Galicia, el trovador cubano...

Vetusta Morla regresa con ‘Si Vuelves’ y presenta gira en siete ciudades españolas, entre ellas A Coruña

El grupo Vetusta Morla ha lanzado este 18 de septiembre 'Si Vuelves', la primera...