A última xornada de Curtocircuito, o Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela traerá a estrea en España de ‘Superior’, a ópera prima da directora neoyorkina Erin Vassilopoulos.
A obra proxectarase ás 17,30 horas no Teatro Principal, dentro da sección Longas x Curto, e, após a proxección, a directora manterá un encontro co público.
Xa o domingo, celebrarase o acto de clausura da XVIII edición do festival, tamén no Teatro Principal, e que será presentado por Cristina Balboa.
Ás 21,00 horas presentarase o resultado do comisariado interdisciplinario desenvolvido polos artistas sonoros Paciencia, a bailarina neerlandesa Sau-Ching Wong e a artista visual galega Ak-zi-.
A continuación, ás 21,30 horas, terá lugar a entrega dos premios aos gañadores das distintas categorías e proxectarase un dos films gañadores da Sección Oficial.
A entrada para a cerimonia de clausura é gratuíta até completar aforamento, previa retirada do ticket na Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes) e na web compostelacultura.gal desde dous días antes do evento.

