InicioPOLÍTICAO PPdeG destaca que as CCAA que "superan antes cada fase" teñen...

O PPdeG destaca que as CCAA que «superan antes cada fase» teñen un «mellor comportamento económico»

Publicada el


O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, destacou que datos de consumo reflicten que aquelas comunidades autónomas que «superan antes cada fase» da desescalada teñen un mellor comportamento económico.

Pedro Puy citou este luns datos dados a coñecer polo director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago, sobre o consumo para sinalar que a comunidade galega «é das que mellor está a recuperar o gasto» polo que «previsiblemente», aínda que a caída do PIB «será grade», será «menor».

Todo iso nunha rolda de prensa na que cualificou de «boa noticia» a entrada de Galicia «no que se dá por chamar a nova normalidade», un período no que se vai a convivir «en compañía do virus» e «tomando todas as precaucións para que non volva producirse un brote» que faga retroceder no avanzado.

«Entramos nesta etapa, á espera de que haxa unha vacina ou un remedio, porque Galicia conta cun sistema de prevención e de rastrexo que as autoridades estatais consideran que é suficiente para atender a posibles rebrotes», sostivo Pedro Puy, que apelou á «responsabilidade» mentres non haxa tratamento efectivo.

Con todo, subliñou que o combate da pandemia estaría «máis reforzado» se España contase cun plan de rebrote nacional. «O Estado mantén as competencias en saúde pública e, por tanto, ten a principal competencia neste tipo de crise pandémicas polo que, o lóxico, é que estableza protocolos que todas as comunidades autónomas poidan seguir», manifestou.

TRABALLAR POLA RECUPERACIÓN

Neste contexto e coa entrada de Galicia na nova normalidade, o portavoz parlamentario do PPdeG avogou por traballar pola recuperación económica das familias e empresas e destacou a «boa posición» na que se atopaba a comunidade galega antes da pandemia en cuestións como o emprego ou a débeda.

«Dános credibilidade e moito máis marxe que aquelas comunidades autónomas que incrementar o seu déficit de forma exponencial», sostivo Pedro Puy.

Neste punto, puxo en valor o plan de reactivación aprobado pola Xunta cunha achega de máis de 1.741 millóns de euros públicos que se van a centrar nas prioridades para a recuperación como son fomentar o emprego e a formación, garantir a solvencia das empresas e dinamizar sectores tractores e servizos públicos.

últimas noticias

El PP exige explicaciones y disculpas de Caballero por la condena tras la falta de mantenimiento de ‘Abrir Vigo al Mar’

El PP de Vigo ha exigido al alcalde de la ciudad, Abel Caballero, que...

Concluye la declaración como Bien de Interés Cultural del convento del Bon Xesús da Limia

La Xunta ha concluido la declaración como Bien de Interés Cultural en la categoría...

El grupo suizo Autoneum prevé cerrar la compra de Trèves, con planta en Pontevedra, en el primer trimestre de 2027

El grupo suizo Autoneum prevé cerrar la compra de Trèves --que cuenta con una...

Restablecida la circulación ferroviaria entre Bifurcación San Amaro y Pontevedra tras una incidencia con un camión

La circulación de trenes en la línea Vigo-Santiago de Compostela-A Coruña se ha suspendido...

MÁS NOTICIAS

Pleno.- Una invitación de Rueda a Pontón para ir al acto de cierre de nuevos traspasos de este jueves acaba en riña

Una invitación lanzada con cierta ironía por el presidente gallego, Alfonso Rueda, a la...

Diego Calvo se reúne en Bruselas con la presidenta del Comité Europeo de las Regiones

El conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, se ha reunido este miércoles...

29N.-Vox denuncia violencia hacia sus simpatizantes en Galicia, que «recuerda» a «contextos del País Vasco hace décadas»

Vox ha denunciado este miércoles los "episodios de violencia" que han tenido que sufrir...